CRUZ DEL SUR - Blog de María Xosé Porteiro http://cruzdelsur.nireblog.com Sun, 22 Nov 2009 00:25:46 +0100 CRUZ DEL SUR - Blog de María Xosé Porteiro http://files.nireblog.com/blogs/cruzdelsur/gravatar.gif http://cruzdelsur.nireblog.com http://nireblog.com Lembranza e agradecemento a María José Rubio Vidal http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/11/08/lembranza-e-agradecemento-a-maria-jose-rubio-vidal http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/11/08/lembranza-e-agradecemento-a-maria-jose-rubio-vidal oncoloxia-2.jpg

Inauguración Sala de Oncoloxía no Hospital do Centro Galego de Bós Aires en Novembro de 2007

Diante do incríble intento de entregar o noso Hospital ao lucro privado, lembro agora un comentario que publicaba neste mesmo blogue o 9 de decembro do ano pasado e que reproduzo textualmente. A foto correspóndese a un feito de hai dous anos, cando se inaugurou a Sala de Oncoloxía Pediátrica.

María José Rubio, Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, é unha xestora que deixará a súa pegada na historia do benestar dos nosos emigrantes. A través da Fundación Galicia Saúde, en Arxentina, conseguiu reflotar o Hospital do Centro Galego de Bós Aires. En xullo pasado confirmou a concesión de 1,2 millones de euros para financiar a nova fase de melloras do hospital, confirmando a política de ampliación de novos servizos para tódolos seus usuarios.

Con esta nova financiación vanse remodelar tódalas habitacións, abriráse unha nova garda de adultos e outros servizos: unha sala de Hemodinámica, unha nova resoancia magnética. Ela mesma ten dito que "isto é un exemplo máis de que estamos cumprindo o compromiso do presidente Touriño, cando apostou polo Hospital cunha xerencia profesional que está amosando os seus froitos".

Por iso sei que estará moi leda e celebrará desde a distancia, a concesión do "Premio Economía de la Salud 2008-categoría individual" ao xerente da Fundación, Dr. Carlos Díaz, nun acto que terá lugar hoxe as 18:30 (h. de Bs As) en Venezuela, 931.”

...Cousas de ter memoria.

Comments

]]>
Sun, 08 Nov 2009 09:44:59 +0100
Sobre o expolio da sanidade pública para a Galicia exterior http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/11/08/sobre-o-expolio-da-sanidade-publica-para-a-galicia-exterior http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/11/08/sobre-o-expolio-da-sanidade-publica-para-a-galicia-exterior XORNAL DE GALICIA. QUINTO ELEMENTO. 8 NOV 09. 

Feijóo, perdido entre Miami e Bós Aires

Antonte en Miami, o director de El Mundo, Pedro J. Ramírez, dixo tras recoller o galardón de “Español Universal” no mesmo acto en que o fixo Bisbal -e pensaba telo recibido Núñez Feijóo-, que ese premio está concebido como “unha ponte entre España e América”, pero mira por onde, o presidente galego decidíu horas antes non cruzar o charco e desaproveitar tan magna oportunidade de demostrarlle ao mundo que está cheo de méritos polo seu gran labor a prol de España nos Estados Unidos. De España, si, leron ben, ainda que nos numerosos comunicados dos días anteriores á entrega dos premios e para contrarrestar as críticas da oposición, argumentáronse cousas tan peregrinas como que o recoñecemento non era para Núñez Feijóo, senón para a Xunta, . Tamén resullta grotesco xustificar que o presidente “tentaría conseguir” –qué vergoña- que se poidese proxectar un video do Xacobeo 2010 nuha cea de gala na que, para poder asistir hai que ir de rigurosa etiqueta, pagar entre 300 e 350 euros, con alfombra vermella, cóctel para os asistentes, cea de tres platos, presentadores mediáticos e un público formado por un cento de representantes de empresas españolas coas que, por certo, tamén se podería reunir aquí nun contexto máis formal e menos festivo, nestes tempos de austeridade. Porque o que que non contaban os comunicados oficiais é que ata o de agora o criterio de elección dos premiados foi primar o “famoseo” de españoles residentes ou vencellados con EEUU como Julio Iglesias, Alejandro Sanz, David Bisbal, Antonio Banderas, Pau Gassol, ou ser un líder do PP como José María Aznar ou Rodrigo Rato. Pero a gravidade desta historia é a constatación de que non se estaba ante unha viaxe de contido real senón ante unha mera plataforma de relacións públicas inspiradas no showbussines e montada por algún equipo que non distingue entre a seriedade da acción política e a xustificación artificial de buscar unha foto nun foro puramente propagandístico ao outro lado do oceano. A cousa empeora cando, precisamente nesta hora, a política exterior galega pasa polas súas horas máis baixas e raia o esperpento logo da falcatruada que a Xunta pretende perpretrar contra a atención sanitaria pública dos galegos no Hospital do Centro Galego de Bós Aires e sobre a que non vou insistir porque desde este xornal se ten informado convenientemente. Algunha cabeza haberá que poñer sobre a mesa para rectificar todo este desaguisado: altas autoridades, en persoa ou por teléfono, coaccionando e ameazando aos representantes das colectividades galegas na capital arxentina, para que acepten e aplaudan unha decisión que deixará aos pés dos cabalos a unha poboación na que hai moitos maiores que precisan de atención médica, pero sobre todo, unha institución centenaria e de enorme carácter simbólico sobre a que existía unha ollada sensible e un plan de reflotación que comezou con Fraga e seguiu con Touriño. Por certo cun delegado da Xunta desaparecido en combate e cun Secretario Xeral de Emigración que axiña terá que fixar a súa residencia na capital rioplantense porque pasa alí a maior parte do seu tempo (por certo, cánto percibe por dietas –alén do seu salario- e cánto pagamos pola súa estadía cada día que pasa fóra de Galicia?). Que Feijóo vaia a Miami ou se quede en San Caetano é absolutamente irrelevante neste momento onde a crise política exterior se está a vivir no Cono Sur, por máis que o xustifique cun ataque de responsabilidade pola desgracia do “Alakran” que era tan importante na véspora da entrega dos premios, coma o día seguinte cando se decide non asistir. Cheira a demagoxia.

http://www.xornal.com/opinions/2009/11/07/Opinion/feijoo-perdido-miami-bos-aires/2009110714061859229.html

 

Comments

]]>
Sun, 08 Nov 2009 09:14:47 +0100
FONDOS EUROPEOS http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/11/01/fondos-europeos http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/11/01/fondos-europeos  asturias.jpg

XORNAL DE GALICIA. QUINTO ELEMENTO. 1 NOV 2009. Asturias defende o que Galicia ignora

Seica se fala pouco en Galicia do futuro inmediato da UE logo da previsible ratificación do Tratado de Lisboa para antes de que remate este ano. A medio prazo, no cada vez máis próximo 2013,  modificaranse os criterios para o reparto dos fondos europeos, algo que ven de ser calificado como “aberrante e inaceptable” nunha misiva que sete presidentes de rexións europeas enviaron a Comisión Europea, ao tempo que solicitaban unha entrevista co seu presidente, José Manuel Durao Barroso. De tódalas autonomías españolas, o único presidente que asina este escrito é o asturiano Vicente Alvarez Areces, que está moi preocupado porque o Principado perderá importantes fondos se se confirma o proxecto da CE. Xunto co presidente do Principado de Asturias, asinan o escrito os da Toscana (Italia), Västra-Götaland (Suecia), Bretaña e Aquitania (Francia) , Itä-Uusimaa (Finlandia), e máis das Hébridas Exteriores (Escocia). De cumprirse o previsto, tan só dentro de catro anos  variarán os indicadores que deseñan o desenvolvemento rexional de feito que algún tan importante como o Producto Interior Bruto per cápita será substituido por outros máis desfavorabeis nos que primará a concentración da poboación en base a criterios de competitividade.

 Na preocupación destes dirixentes da Europa menos desenvolvida, o cambio dos fondos suporán o desmantelamento dunha política rexional europea que supuxo o avance de zonas tan desfavorecidas como Galicia para dar paso a unha reorganización sectorial das políticas europeas das que quedarán ausentes a dimensión e o principio de cohesión territorial. Semella, noustante, que existiría aínda algunha oportunidade se as voces máis necesitadas de Europa, aliadas, conseguen que Durao Barroso asista a unha xuntanza o 27 de novembro, en Marsella, para debater outros criterios para o reparto de fondos. Sen dúbida Galicia tería algo que dicir neste debate, sobre de todo, tendo en conta o impacto que a crise económica deixará nos nosos sectores productivos e pensando no efecto que a reducción dos fondos fará sentir en sectores básicos para nós, como a agricultura ou a pesca. Porén, e polo de agora, a Xunta está máis preocupada por desfacer o camiño percorrido no lento avance da consolidación da nosa autonomía, por abrir frontes de conflicto con calquera opinión desfavorable, con rachar consensos históricos como o da lingua, ou alianzas estratéxicas como a procurada polo goberno bipartito entre Galicia e Asturias. Deixar pasar o tempo sen facer nada significará unha resignada aceptación da perda do dez por cento dos orzamentos galegos que é o que supoñen arestora, euro enriba, euro enbaixo, os fondos que Europa nos fai chegar. Con xestores así, o futuro pinta fatal. 

http://www.xornal.com/opinions/2009/10/31/Opinion/asturias-defende-galicia-ignora/2009103118073681272.html

 

Comments

]]>
Sun, 01 Nov 2009 16:35:41 +0100
...Y Mar del Plata, también. http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/31/y-mar-del-plata-tambien http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/31/y-mar-del-plata-tambien mar-del-plata-2.jpg

Comments

]]>
Sat, 31 Oct 2009 21:05:16 +0100
Hermosa Montevideo http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/31/hermosa-montevideo http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/31/hermosa-montevideo montevideo-3.jpg

Comments

]]>
Sat, 31 Oct 2009 20:59:25 +0100
Celebrando el Día del Tren http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/27/celebrando-el-dia-del-tren http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/27/celebrando-el-dia-del-tren museo-ninos.jpgmuseo-andenes.jpgmuseo-hall.jpgmuseo-carmen.jpg

Por si no lo sabíais el 28 de Octubre de 1848 circuló por primera vez un tren en territorio español. Fue en la línea Barcelona-Mataró y cada año se celebra el aniversario. Esta vez lo hicimos el sábado anterior, día 24, con una jornada de puertas abiertas en el Museo de Delicias. Vinieron 5.000 personas, sobre todo familias, que disfrutaron de lo lindo viendo las colecciones del Museo y participando en las actividades que organizamos. Teatro infantil, trenes de jardín, visitas guiadas, juegos, concursos...

Todo funcionó como un reloj. Gracias a los trabajadores  y trabajadoras del Museo. Sin ellos no habría sido posible.

Comments

]]>
Tue, 27 Oct 2009 07:35:59 +0100
ALTERNATIVA SOCIALISTA http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/25/alternativa-socialista http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/25/alternativa-socialista Xornal de Galicia. QUINTO ELEMENTO. 25-X-09. Pachi Vázquez,  galeguista socialdemócrata

Manuel –Pachi-  Vázquez chegou ao Parlamento de Galicia en 1993, xusto cando o PsdeG pasaba por unha hora moi crítica logo de que as disputas entre guerristas e renovadores que vivía a organización no ámbito federal, tocara a liña de flotación do partido en Galicia. Daquela era Secretario Xeral Antolín Sánchez Presedo, agora parlamentario europeo, que foi quen chamou a Pachi para ir nas listas de Ourense.

 Era un absoluto descoñecido na política galega pero unha figura no seu Carballiño natal onde exercía como médico. A chegada de Pachi ao grupo parlamentario socialista naqueles anos turbulentos servíu de osíxeno a un equipo desmoralizado pola perda de apoio electoral e polo absoluto desencontro que vivía respecto da Executiva do partido en Galicia. En pouco tempo se fixo moi coñecido por facer unhas intervencións vehementes e arrolladoras nas que non deixaba títere con cabeza. Foi un pesadelo para o daquela presidente do Parlamento, o seu paisano Victorino Núñez, con quen mantivo unha relación que se podería calificar de calquera maneira agás cordial. A súa paixón por Ourense e pola súa vila, perfilárono axiña coma un candidato á alcaldía do Carballiño que podería ter moitas oportunidades, mesmo naqueles tempos difíciles para o socialismo en Galicia e no resto de España. Pachi foi unha das honrosas excepcións de Concellos gañados contra corrente. O seu liderado no Carballiño consolidouse co tempo e desde alí pasou a coordenar a tódolos socialistas ourensáns, creando un equipo que segue ao seu arredor e conformando un núcleo duro de traballo eficaz e leal. Algúns pensan que Pachi non é un pata negra do socialismo galego e poida que leven razón, pero sen dúbida é un Fórmula 1,  xa moi experimentado logo da súa etapa como Conselleiro de Medio Ambiente e actual Secretario Xeral. Este é o seu momento e apoios non lle fallan, como tampouco fallan os que esperan que se equivoque e sexa pasto do lume para as próximas autonómicas… son cousas da política, pero, aviso a navegantes: Pachi ten sólidos apoios e moitas persoas que se van deixar a pel para que chegue a bó termo. Sen irmos máis lonxe, o xoves pasado estivo arrodeado por tódolos altos cargos do goberno central  e representantes do poder lexislativo que proceden de Galicia, nunha cea organizada por Fernando González Laxe, coa axuda de Pilar Pin, que xa vai pola segunda edición. De tódolos presentes, o único que non tiña praza en Madrid era o Secretario Xeral dos socialistas galegos, pero ocupaba o lugar de honra naquela reunión na que se congregaron perto de cincuenta persoas. Pachi falou novamente con entusiasmo e debuxou unha situación para a acción política do PSdeG que, sen descoñecer as dificultades, se albisca como unha oportunidade. Radicalmente a prol das 50.000 persoas que se manifestaran hai unha semana en Santiago criticando a política lingüística de Núñez Feijóo e o seu goberno, foi  moi crítico co silencio de voces que aplaudiron os orzamentos á baixa da Xunta e non son quen de recoñecer o esforzo investidor e social dos do goberno central. Procurou a complicidade da súa audiencia comprometéndose a reforzar o debate ideolóxico nunhas siglas veteranas e imprescindibles para o devir  do país e da súa cidadanía, e, naquel encontro, demostrou que é unha opción con poder.  Para confirmalo, deberá ter a xenerosidade necesaria para pensar Galicia con visión estratéxica, ollada incluínte, corazón galeguista e mente socialdemócrata. Eis unha fórmula necesaria para o noso país.

Comments

]]>
Sun, 25 Oct 2009 16:55:08 +0100
Bicos para Paula http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/19/bicos-para-paula http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/19/bicos-para-paula paula.jpg 

Paula Fernández e Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE

Paula Fernández Pena, alcaldesa democrática de Silleda, do PSdeG-PSOE,  será desaloxada do seu posto hoxe mediante unha moción de censura espúrea promovida polo PP. Déixovos varios enlaces da noticia na que se ve a hipocresía no discurso político dos populares, e desde aquí, unha aperta solidaria para Paula e o seu equipo.

http://www.europapress.es/nacional/noticia-rajoy-advierte-si-consuma-mocion-censura-silleda-concejales-pp-no-pueden-seguir-partido-20090924104558.html

http://ecodiario.eleconomista.es/espana/noticias/1554933/09/09/Galicia-feijoo-dice-que-no-habra-mocion-de-censura-en-silleda-pontevedra-con-el-visto-bueno-del-pp.html

 

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2009/10/19/cambio-cambio-despues-856-dias/378453.html

 

Comments

]]>
Mon, 19 Oct 2009 06:53:29 +0100
PORTUÑOL http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/18/portunol http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/18/portunol  brasil-1.jpghttp://video.google.es/videosearch?

hl=es&imgtype=&imgar=&safe=images&ie=UTF-8&q=%22acuarela%20%22&sa=N&tab=iv#q=%22acuarela+%22&hl=es&emb=0

XORNAL DE GALICIA. QUINTO ELEMENTO. Galicia, no futuro de Brasil. 18-10-09Na Xunta aseguran agora que as Delegacións da Xunta en Bos Aires e Montevideo son necesarias para atraer investimentos e promocionar a cultura e a lingua. Está moi ben que rectifiquen porque Galicia merece que a súa capacidade de presencia e influencia internacional vaia en aumento nun momento clave para a relación estratéxica entre a Unión Europea e América Latina, mesmo que para xustificaren as críticas inxustas de hai tan só sete meses recorran a todo tipo de demagoxias. Cousas da mala política e de políticos menores. Cáseque ao mesmo tempo veñen de anunciar en Bruxelas a creación dun grupo ou rede a prol dos intereses galegos na capital da UE, pero non o vinculan coa nosa capacidade de chegada ao outro lado do océano como naturais embaixadores de Europa que somos no noso alenmar. O certo é que a Unión Europea é o segundo socio comercial máis importante de América Latina e o maior investidor na rexión onde só nos dez últimos anos financiou máis de 450 proxectos e programas por máis de 3.000 millóns de euros. No próximo Cumio Unión Europea-América Latina que se celebrará durante a presidencia española en maio de 2010, decidirase a posta en marcha dun novo instrumento de financiamento europeo para promover en América Latina e o Caribe investimentos en tecnoloxías e innovación verdes e de baixas emisións de carbono, e en todo o que mellore a cooperación científica e técnica coa rexión.Cómpre preguntarse que papel vai ter Galicia neste novo contexto. Se ollamos cara o Cono Sur, Galicia ten, cando menos enunciada, a vontade de consolidar unha relación privilexiada con Arxentina e Uruguai logo de admitir a conveniencia de manter alí unha representación e unha acción política. A grande ausente, alomenos a día de hoxe, é a definición dunha política dirixida a un Brasil que xa se converteu na locomotora do avance continental e con quen temos tamén, unha historia e un futuro. O presidente Lula adoita dicir que o século XIX foi o de Europa, o XX o dos EEUU e o XXI vai ser o de Brasil. Así o confirma a evolución dunha economía que vai saír reforzada da crise que asola as grandes potencias tradicionais, mesmo con crecemento positivo en 2010. Con seguridade, o país vaise abrir definitivamente aos investimentos estranxeiros e a concorrencia internacional deseñando un escenario enormemente atractivo. No entanto, a grande singularidade de Brasil respecto do resto de repúblicas iberoamericanas, máis alá da súa enorme extensión e variedade de recursos naturais, é o feito de ser o único de lingua portuguesa nunha rexión que fala español. Os descendentes de galegos de Arxentina e Uruguai saben moi ben a vantaxe que lles da o coñecemento do galego na súa relación con Brasil, pero os cursos oficiais de aprendizaxe da nosa lingua son demandados tamén por moitas persoas sen vencellos familiares con Galicia. Os nosos empresarios tamén saben da facilidade con que entran nos medios económicos brasileiros e o útil que lles resulta o coñecemento do galego para manexarse, cómoda e fluidamente, naquela sociedade. Coido que Galicia non debería perder a oportunidade que nos da compartir con Brasil unha marabillosa ferramenta de comunicación que nos permite penetrar, sen dificultades, nas esferas de toma de decisión política, económica, cultural… Alí lle chaman portuñol á nova lingua que está a nacer de xeito natural nos países latinoamericanos para se comunicar entre eles.Galicia é vista e sentida en América Latina como unha parte moi significativa e especialmente querida da Europa. Estou convencida de que hai marxe para actuar e o que falla é poñerse a traballar para convertela nunha auténtica oportunidade.http://www.xornal.com/opinions/2009/10/17/Opinion/galicia-no-futuro-brasil/2009101713545466753.html 

Comments

]]>
Sun, 18 Oct 2009 20:53:07 +0100
Recoñecementos necesarios http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/17/reconecementos-necesarios http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/17/reconecementos-necesarios dia-de-la-hispanidad-2009.jpg

Nesta edición de 2009 o Día da Hispanidade que se celebrou o 11 de outubro en Bós Aires tivo unha especial celebración pois contou coa presencia de Pilar Pin, nova Directora Xeral da Cidadanía Española no Exterior. Pilar ocupa o terceiro posto contando de dereita a esquerda, na fotografía, xunto ao embaixador de España, Rafael Estrella, e Pedro Bello. Felicidades a tódolos galardonados coas Medallas da Emigración, outorgadas polo Ministerio de Traballo: Venancio Blanco, Pedro Bello, Centro Betanzos... e máis aos galardoados coas Medallas da Hispanidade que concedeu a Federación de Sociedades Españolas. Unha grande aperta para todos!

Comments

]]>
Sat, 17 Oct 2009 22:45:17 +0100
Contra el hambre en el mundo http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/17/contra-el-hambre-en-el-mundo http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/17/contra-el-hambre-en-el-mundo hambre.jpghambre.jpghambre.jpg

http://www.youtube.com/watch?v=ePOSgPM6qBw

David Otero y Marcos Cao lanzan “El grito de mi Generación” en apoyo a la movilizaciones contra la pobreza de este fin de semana. “El Grito de mi Generación” es el título de la canción inédita que Marcos Cao, de La Sonrisa de Julia, Juan Suarez, de El sueño de Morfeo y David Otero, de El canto del Loco han creado y producido para apoyar las movilizaciones en apoyo a la lucha contra la pobreza que los próximos 16, 17 y 18 de octubre están teniendo lugar en diferentes ciudades de  España y en el resto del mundo.En 2008, esta iniciativa contó con la participación récord de 116 millones de personas en un total de 100 países. Este año las manifestaciones bajo el lema “Rebélate contra la Pobreza” de los días 16, 17 y 18 de octubre ponen el broche final a esta semana de movilización contra la pobreza y por el cumplimiento de los Objetivos de Desarrollo del Milenio. Más de 30 ciudades han confirmado manifestaciones para ese fin de semana, entre otras: Madrid, Barcelona, Bilbao, San Sebastián, Valencia, Pamplona, Sevilla, Valladolid, Cuenca, Logroño, Oviedo, Mérida, Zaragoza y Santiago de Compostela.

http://www.youtube.com/results?search_query=el+grito+de+mi+generacion&search_type=&aq=f

Comments

]]>
Sat, 17 Oct 2009 22:14:39 +0100
Noticias del Centro Cultural Rosalía de Castro de Buenos Aires http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/17/noticias-del-centro-cultural-rosalia-de-castro-de-buenos-aires http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/17/noticias-del-centro-cultural-rosalia-de-castro-de-buenos-aires torre-hercules.jpg

Un   joven coruñés de 16 años, Iván Saavedra Alonso, que vive en la calle Emilio González López de A Coruña, ha resultado ganador del concurso de poesía sobre la Torre de Hércules y su candidatura como Patrimonio de la Humanidad que convocó el Centro Cultural Rosalía de Castro de Buenos Aires. La también coruñesa María Teresa García Pérez consiguió una mención para su poema titulada El Faro del Amor.  El poema de Iván ve así el simbolismo de la Torre:  

LUZ ETERNA
Un ojo que se alza sobre el cantábrico
Un ojo que ilumina las inmensidades del atlántico
Un ojo que mira desde hace dos milenios
Un ojo que cuando nos mira, nos deja perplejos 
Una torre que fue propiedad de los romanos
Una torre que nos convierte en hermanos
Una torre que sujeta un ojo y todo su poder
Una torre que nunca dejaremos de querer 
Una península que usaron como base
Una península que observó sus cuatro fases
Una península que sujeta una torre
Una península que para al mar que corre. 
Una ciudad llena de leyendas olvidadas
Una ciudad con historias acorraladas
Una ciudad unida a una península
Una ciudad con un solo mes de canígula. 
 
Los premios se entregarán el próximo día 24 de octubre a las 5 de la tarde en la maravillosa bodega del Café Tortoni. También se presentará ese día el libro del escritor mendocino, Jorge Alberto Canggiani, Cuentos Dimensionales.
 
Para noviembre, el Centro Cultural Rosalía de Castro ha programado una representación teatral en el “Margarita Xirgú”, de la que es autora una entrañable mujer, muy activa dentro de la colectividad, Delfina Blanco, que tiene un espacio radial en Buenos Aires dirigido a los españoles y descendientes que allí viven. Se llama “Non cha quero na casa”, y está dirigida por Martín Coria. Es una comedia muy divertida que fue escrita y será representada en gallego, el 6 de Noviembre a las 9 de la noche. A partir de su estreno, se volverá a representar cada viernes del mes de noviembre. Desde aquí, envío un saludo a los actores, todos gallegos: Pepe Cobas, Pepe Vidal , Francisco, Delfina, Ana María García Méndez, Celia Fernández, la pareja de tango Peter y Fátima, al director, Martín Coria, al director artístico, Rubén Barreiro y a la productora y directora del Centro, la escritora Stella Maris Latorre.

Comments

]]>
Sat, 17 Oct 2009 21:43:46 +0100
Deitado frente ao mar http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/13/deitado-frente-ao-mar http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/13/deitado-frente-ao-mar vigo-ria-001b.jpg

Veña, a disfrutar con esta versión de raphip do fermoso poema de Celso Emilio, Deitado frente ao mar. Xa sabedes, o da "lingua proletaria do meu pobo..."
Enviouma o meu fillo Ozo. Grazas, guapo!

http://www.youtube.com/watch?v=KRfREFi3eqk&hl=es


--

Comments

]]>
Tue, 13 Oct 2009 10:08:19 +0100
LUIS VAAMONDE http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/13/luis-vaamonde http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/13/luis-vaamonde  a-roda-1.jpg

Non volo perdades, velaí ao Luis Vaamonde, nesta foto que xa ten máis de vinte anos, con xersei amarelo clariño e tocando a súa inseparable guitarra co mítico grupo de cantigas populares, A Roda, que saíra nos 80 cun éxito enorme. Luis é un grande empresario da comunicación que creou e dirixe Galicia en el Mundo e Crónicas de la Emigración, ambolos dous proxectos editorial e dixital que informa sobre todo o que acontece no extenso eido da cidadanía española residente no exterior.

Ven de recibir un fermoso recoñecemento ao ser premiado pola Federación de Sociedades Españolas de Arxentina, co gallo da festa da Hispanidade que se ven de celebrar en Bós Aires na pasada fin de semana.

Moitas felicidades, amigo.

Comments

]]>
Tue, 13 Oct 2009 09:57:57 +0100
Las venas de América... http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/12/las-venas-de-america http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/12/las-venas-de-america amrica1.JPG

Qué mejor manera de celebrar el Día de la Hispanidad que el contradiscurso de la Americanidad que nos atañe y emociona. Aquí os dejo este "Mensaje en una botella" de mi amigo Lino, que parece llegado para una celebración:

"Después de seis mil kilómetros en autobuses, diecinueve en aviones, dos mil en automóvil
y mil por vías fluviales recorridos durante 2009 para sumergirme en las venas de América Latina,
aun no tengo la percepción de no haber superado la epidermis del continente del color.
Aquí dejo  mi convite para compartir algunas de las imágenes rescatadas del universo compulsivo
de fotos recogidas, estampas que prendieron en mi retina y que me gustaría hacerte participe.

Abrazos de fraternidad intercontinental,

Lino Pellitero"

Enlace a las fotos

http://www.flickr.com/photos/laudelino_pellitero_ramilo

Comments

]]>
Mon, 12 Oct 2009 06:59:47 +0100
O CASO GÜRTEL CHEGA A GALICIA http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/12/o-caso-gurtel-chega-a-galicia http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/12/o-caso-gurtel-chega-a-galicia XORNAL. QUINTO ELEMENTO. 11-10-09

Urbanismo baixo sospeita e o caso Gürtel

A corrupción no sector da construcción foi obxecto dun revelador estudio da organización Transparencia Internacional (http://www.transparencia.org.es/INFORME%20GLOBAL%202005/Inf_Global_2005.htm) que recomendo ler e que non citarei para non desaproveitar o espazo deste artigo, pero nel se debuxan claramente os vencellos entre ámbalas cuestións. Tampouco non fai falla ir a este estudo para intuirrmos a vinculación da corrupción co mundo do urbanismo e da construcción no noso contorno pois hai algún ca outro municipio en Galicia onde podemos esperar algunha notable solpresa.  En Vigo, sen irmos máis lonxe, vivíronse acedos debates co urbanismo como argumento que fixeron cair gobernos e paralizar plans de ordenación sospeitosos de favorecer tramas corruptas. Lembremos a traumática ruptura do goberno de coalición PSdeG-BNG en Vigo, en tempos de Pérez Mariño, que se explicara –mesmo que non se entendera- por mor da teima do PP en controlar a Xerencia de Urbanismo e pilotar o desenvolvemento do Plan Xeral que estaba a ser revisado daquela. Cando o PSde G perdeu a Alcaldía por non superar unha moción de confianza en decembro de 2003, o PP pasou a gobernar e fixo do urbanismo a razón da súa acción de goberno.

  A chegada á Xunta en 2005 do bipartito significou un duro revés para aqueles plans e non hai máis que revisar as hemerotecas para atopar o debate aberto por promotores inmobiliarios, intermediarios e grandes grupos económicos internacionais, tentando presionar aos responsabeis da consellería de Ordenación do Territorio, e ao propio Presidente Touriño, para que asegurasen as expectativas de crecemento brutal que contemplaba aquela planificación ao máis puro estilo desenrolista dos anos 60. Naquel tempo estouparon outros casos derivados de conflictos urbanísticos en Nigrán, ou en Gondomar, con problemas de orde pública e grande crispación, e cunha sospeitosa repetición de nomes de persoas ou grupos por detrás das bambalinas, movendo os fíos.  Daqueles escándalos vigueses destaca o caso da urbanización da Finca do Conde sobre o que o Supremo determinou a súa ilegalidade mediante catro sentenzas consecutivas e que representa de xeito moi obvio, o interese do PPdeG por favorecer unha actuación absolutamente contraria a calquera principo ou asomo de legalidade urbanística con moitos milleiros de euros polo medio. O certo é que todo está abondo recente como para non entender a defensa que fai Núñez Feijóo do PPdeG actual coma se nacesen onte e non tivesen cousa algunha que ver co que acontecía algúns anos atrás porque hai moitos nomes de políticos e políticas en activo que tiveron algo ou moito que ver con todo aquilo. Seguro que non debe ser fácil tomar a decisión de levantar as propias alfombras pero se hai un exemplo que debe evitar o PP en Galicia é o que está a dar o PP a nivel estatal cun Mariano Rajoy en permanente estado de estupefacción, incapaz de reaccionar, facendo hoxe unha declaración e mañán a contraria, avaliando amigos e defenestrando compañeiros de partido, absorto, en suma, nun desconcerto que recorda inevitablemente á súa errática actuación como voceiro do goberno Aznar na crise do Prestige.  Os erros deberían axudar a rectificar, non a teimar na súa repetición porque todo parece indicar que a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal fixo un traballo fino e o peor aínda pode estar por chegar.

http://www.xornal.com/opinions/2009/10/10/Opinion/urbanismo-baixo-sospeita-caso-gurtel/2009101014064341709.html

Comments

]]>
Mon, 12 Oct 2009 06:26:26 +0100
Mujeres españolas http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/12/mujeres-espanolas http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/12/mujeres-espanolas elvira-e-pilar.jpg

Aquí las tenéis, tan sonrientes. Son Pilar Pin y Elvira Cortajarena, respectivamente Directora General de la Ciudadanía Española en el Exterior y Delegada de Euskadi en Buenos Aires. Coincidieron en las celebraciones del Día de la Hispanidad. La foto es de Jorge Navós.

Comments

]]>
Mon, 12 Oct 2009 06:15:21 +0100
Guaraníes en Madrid http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/07/guaranies-en-madrid http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/07/guaranies-en-madrid clip_image002.jpg

Comments

]]>
Wed, 07 Oct 2009 08:29:00 +0100
Outro artigo... http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/07/outro-artigo http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/10/07/outro-artigo Xornal de Galicia. QUINTO ELEMENTO. Traducir galego en Arxentina. 04.10.09

Lía onte en Xornal o Café con Letras motivado pola celebración do día Internacional da Tradución e as interesantes consideracións de Xurxo Borrazás, Tareixa Roca, Luis García Soto e José Manuel Sande. Ao propio tempo recibía un correo electrónico desde Bos Aires onde se celebraba o encontro que o grupo de Lectores Galegos fai mensualmente no célebre Café Tortoni baixo a dirección de Débora Campos. Na sesión, que durou catro horas, léronse fragmentos de Sempre en Galiza nun salón ateigado dun público participativo e sorprendente polo seu entusiasmo se consideramos o detalle de que aquelo acontecía a dez mil quilómetros de distancia. No amplo debate que se deu sobre da situación da nosa (súa) lingua reivindicouse a creación en Arxentina dun título profesional de tradutor de galego.

 

Os trámites perante a Corte de Xustiza serán lentos pero seguro que o apoio do Colexio Profesional de Tradutores Públicos dará os seus froitos. Se cadra, axudará o feito de que, como tantas veces acontece naquel querido país, a presidenta e a vicepresidenta sexan de orixe galega. O Colexio de Tradutores de Arxentina agrupa a 5.000 profesionais que traballan con máis de 30 idiomas, maioritariamente especializados en idiomas de uso frecuente coma inglés, francés, italiano, portugués o alemán. Obviamente, hai tamén profesionais adicados a outros menos habituais, coma ucraniano, croata, noruego, xaponés, catalán ou ruso. Ogallá que o galego atope o recoñecemento que se demanda e merece, e que poida ser a boa nova do próximo Congreso Latinoamericano de Tradución e Interpretación que se celebrará na capital arxentina no próximo mes de abril.

Ata daquela e mentres chega o remate do procedemento, os primeiros tradutores terán que ser nomeados por unha resolución ad hoc, e logo, para os seguintes tradutores, terá de segurise o procedemento normativo que establece a lei. Persoas con capacidade e compromiso hai na colectividade, como a propia Débora Campos, e sería ben conveniente que desde a Galicia de aquí se manifestase o necesario interese por parte da Real Academia e do Consello da Cultura, así coma o respaldo de tódalas forzas políticas do país, traballando por restablecer o consenso que rachou o PP desde a súa chegada ao poder en marzo pasado.

Ven a conto o traballo da profesora da Universidade de Vigo, Liliana Valado, “Tradución e edición para niveis non universitarios de ensino en Galicia”, publicado en 2008, no que se salienta o relevante papel desempeñado pola tradución editorial na nosa conformación identitaria, ao tempo que se consolidaba unha xa imprescindible industria cultural de edición en lingua galega. Nos trinta anos transcorridos entre 1975 e 2005 pasouse de 68 a 1.826 títulos publicados e boa parte desta evolución se debe ao traballo da tradución, que, como dicía Xurxo Borrazás naquel café de redacción, e como tamén opinaban os asistentes ao encontro de lectores galegos do outro café, o Tortoni, é un sector estratéxico. Así o terá que recoñer o belixerante equipo da Xunta e as organizacións contrarias ao galego alimentadas desde o poder. Sería curioso que se decatasen antes en Arxentina. Non sí?

http://www.xornal.com/opinions/2009/10/03/Opinion/traducir-galego-arxentina/2009100318565615360.html

Comments

]]>
Wed, 07 Oct 2009 08:14:21 +0100
Ola de novo http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/09/27/ola-de-novo http://cruzdelsur.nireblog.com/post/2009/09/27/ola-de-novo Estou tendo problemas para atopar o tempo preciso para actualizar este blogue pero me resisto a pechalo, así que pido disculpas polo de agora e sigo intentando manter esta conexión cos amigos e amigas de aquí e de alá.
Pásovos a columna que publico hoxe no Xornal ao fío da presentación polo Consello de Ministros dun proxecto de lei para modificar a actual lexislación en materia de interrupción vontaria do embarazo.

http://www.xornal.com/opinions/2009/09/26/Opinion/dereito-interromper-embarazo/2009092617233019591.html

bibiana-2.jpg        Bibiana Aido, Ministra de Igualdade 

XORNAL DE GALICIA.
QUINTO ELEMENTO.
O DEREITO A INTERROMPER O EMBARAZO

O dereito a interromper un embarazo con garantías legais e sanitarias non supón menoscabo á libertade de proseguer con él e as estatísticas demostran que a prohibición xera mortalidade e indefensión nas mulleres, que adoitan ser a parte máis feble de sociedades febles de séu. Así o demostra o dado de só a cuarta parte dos 46 millóns de mulleres que abortan cada ano en todo o planeta, o fan en condicións consontes cos dereitos humanos. Outros dados indican que o 13% das 600.000 mortes de mulleres que falecen cada ano no mundo por mor de embarazos, débense a abortos inseguros, ou que a taxa de mortalidade nos abortos inducidos é do 330 por  cada 100.000 habitantes nos países prohibicionistas fronte ao marxe de entre 0,2 e 1.2 alí onde non está penalizado.É innegable a vinculación entre a percepción e as crencias sobre este particuar coa influencia relixiosa, xeralmente referida a posicións fundamentalistas de acendrada misoxinia.

 Os fundamentalismos amósanse resistentes aos avances sociais e científicos, contra todo pronóstico. En EE UU, sen irmos máis lonxe, durante os oito últimos anos da presidencia de Bush,  o protestantismo máis radical reafirmouse nunha interpretación literal das Sagradas Escrituras explicando mediante a Teoría do Creacionismo o inicio da vida no mundo. Tamén rexurdiron as organizacións contrarias áo dereito das mulleres para decidir sobre a súa capacidade reproductiva, mesmo nunha sociedade que ten lexislación sobre esta materia desde os anos 60. Máis preto das nosas influencias culturais, temos a igrexa católica que non mudou nin un milímetro os tradicionais mandatos contrarios aos métodos anticonceptivos, incluso como xeito de prevención do SIDA, sen esquecer a ousadía con que irrompe no debate científico sobre cómo e cándo se convirte en persoa un feto, confundindo o saber obxectivo e racionalista coa crencia dogmática.

En España, tantos anos confundida entre o confesional e o civil, chegamos algo tarde ao momento de lexislar sobre esta cuestión, pero fomos indo, serodiamente, cara a unha situación semellante a de moitos países daqueles cos que nos gusta compararnos, pero aínda estamos por detrás dos máis avanzados. A día de hoxe, Alemania, Holanda, Francia, Bélgica, Austria, Dinamarca, Italia, Portugal, Suecia, Bulgaria, Grecia, Rumanía, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Lituania, República Checa ou Letonia, teñen despenalizada a interrupción vontaria do embarazo. Só nos países confesionalmente católicos como Polonia ou Irlanda, existen lexislacións penalizadoras. Pero por aquí aínda temos cousas importantísimas que mellorar. Non é de recibo que o 93% de tódolos abortos que se practican en España se fagan en clínicas privadas porque o sistema público non abordou, seriamente, as reformas precisas para cumprir a lei mesmo nos supostos actualmente vixentes. Nin é razoable que os facultativos que desenvolven un traballo que os servizos autonómicos de saúde non o fan, coma aconteceu o ano pasado en Madrid, sexan obxecto de escarnio público, sometidos a xuizo e sancionados coma delincuentes. Nin que as cidadanas que residen en Andalucía dispoñan de medios públicos para isto, porque así o arbitrou o seu goberno, que en Cataluña ou Galicia non teñen. Nin é tolerable que a ministra de Igualdade, xoven para máis amolar, sexa o pim-pam-pum dos talibáns mediáticos e políticos por afrontar valientemente este problema. Nin que en Galicia, o goberno desta Autonomía nacida ao abeiro dunha Constitución que define un Estado non confesional, se sitúe a carón dos grupos próximos a unha interpretación fundamentalista da relixión católica.

Comments

]]>
Sun, 27 Sep 2009 03:30:15 +0100