
Inauguración Sala de Oncoloxía no Hospital do Centro Galego de Bós Aires en Novembro de 2007
Diante do incríble intento de entregar o noso Hospital ao lucro privado, lembro agora un comentario que publicaba neste mesmo blogue o 9 de decembro do ano pasado e que reproduzo textualmente. A foto correspóndese a un feito de hai dous anos, cando se inaugurou a Sala de Oncoloxía Pediátrica.
“María José Rubio, Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, é unha xestora que deixará a súa pegada na historia do benestar dos nosos emigrantes. A través da Fundación Galicia Saúde, en Arxentina, conseguiu reflotar o Hospital do Centro Galego de Bós Aires. En xullo pasado confirmou a concesión de 1,2 millones de euros para financiar a nova fase de melloras do hospital, confirmando a política de ampliación de novos servizos para tódolos seus usuarios.
Con esta nova financiación vanse remodelar tódalas habitacións, abriráse unha nova garda de adultos e outros servizos: unha sala de Hemodinámica, unha nova resoancia magnética. Ela mesma ten dito que "isto é un exemplo máis de que estamos cumprindo o compromiso do presidente Touriño, cando apostou polo Hospital cunha xerencia profesional que está amosando os seus froitos".
Por iso sei que estará moi leda e celebrará desde a distancia, a concesión do "Premio Economía de la Salud 2008-categoría individual" ao xerente da Fundación, Dr. Carlos Díaz, nun acto que terá lugar hoxe as 18:30 (h. de Bs As) en Venezuela, 931.”
...Cousas de ter memoria.


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »