Estou tendo problemas para atopar o tempo preciso para actualizar este blogue pero me resisto a pechalo, así que pido disculpas polo de agora e sigo intentando manter esta conexión cos amigos e amigas de aquí e de alá.
Pásovos a columna que publico hoxe no Xornal ao fío da presentación polo Consello de Ministros dun proxecto de lei para modificar a actual lexislación en materia de interrupción vontaria do embarazo.
Bibiana Aido, Ministra de Igualdade
XORNAL DE GALICIA.
QUINTO ELEMENTO.
O DEREITO A INTERROMPER O EMBARAZO
O dereito a interromper un embarazo con garantías legais e sanitarias non supón menoscabo á libertade de proseguer con él e as estatísticas demostran que a prohibición xera mortalidade e indefensión nas mulleres, que adoitan ser a parte máis feble de sociedades febles de séu. Así o demostra o dado de só a cuarta parte dos 46 millóns de mulleres que abortan cada ano en todo o planeta, o fan en condicións consontes cos dereitos humanos. Outros dados indican que o 13% das 600.000 mortes de mulleres que falecen cada ano no mundo por mor de embarazos, débense a abortos inseguros, ou que a taxa de mortalidade nos abortos inducidos é do 330 por cada 100.000 habitantes nos países prohibicionistas fronte ao marxe de entre 0,2 e 1.2 alí onde non está penalizado.É innegable a vinculación entre a percepción e as crencias sobre este particuar coa influencia relixiosa, xeralmente referida a posicións fundamentalistas de acendrada misoxinia.
Os fundamentalismos amósanse resistentes aos avances sociais e científicos, contra todo pronóstico. En EE UU, sen irmos máis lonxe, durante os oito últimos anos da presidencia de Bush, o protestantismo máis radical reafirmouse nunha interpretación literal das Sagradas Escrituras explicando mediante a Teoría do Creacionismo o inicio da vida no mundo. Tamén rexurdiron as organizacións contrarias áo dereito das mulleres para decidir sobre a súa capacidade reproductiva, mesmo nunha sociedade que ten lexislación sobre esta materia desde os anos 60. Máis preto das nosas influencias culturais, temos a igrexa católica que non mudou nin un milímetro os tradicionais mandatos contrarios aos métodos anticonceptivos, incluso como xeito de prevención do SIDA, sen esquecer a ousadía con que irrompe no debate científico sobre cómo e cándo se convirte en persoa un feto, confundindo o saber obxectivo e racionalista coa crencia dogmática.
En España, tantos anos confundida entre o confesional e o civil, chegamos algo tarde ao momento de lexislar sobre esta cuestión, pero fomos indo, serodiamente, cara a unha situación semellante a de moitos países daqueles cos que nos gusta compararnos, pero aínda estamos por detrás dos máis avanzados. A día de hoxe, Alemania, Holanda, Francia, Bélgica, Austria, Dinamarca, Italia, Portugal, Suecia, Bulgaria, Grecia, Rumanía, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Lituania, República Checa ou Letonia, teñen despenalizada a interrupción vontaria do embarazo. Só nos países confesionalmente católicos como Polonia ou Irlanda, existen lexislacións penalizadoras. Pero por aquí aínda temos cousas importantísimas que mellorar. Non é de recibo que o 93% de tódolos abortos que se practican en España se fagan en clínicas privadas porque o sistema público non abordou, seriamente, as reformas precisas para cumprir a lei mesmo nos supostos actualmente vixentes. Nin é razoable que os facultativos que desenvolven un traballo que os servizos autonómicos de saúde non o fan, coma aconteceu o ano pasado en Madrid, sexan obxecto de escarnio público, sometidos a xuizo e sancionados coma delincuentes. Nin que as cidadanas que residen en Andalucía dispoñan de medios públicos para isto, porque así o arbitrou o seu goberno, que en Cataluña ou Galicia non teñen. Nin é tolerable que a ministra de Igualdade, xoven para máis amolar, sexa o pim-pam-pum dos talibáns mediáticos e políticos por afrontar valientemente este problema. Nin que en Galicia, o goberno desta Autonomía nacida ao abeiro dunha Constitución que define un Estado non confesional, se sitúe a carón dos grupos próximos a unha interpretación fundamentalista da relixión católica.


Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »