A artista galego-arxentina, Lorena Lores, filla do bó amigo Paco Lores, presidente da Federación de Sociedades Galegas na Arxentina e grovense de pro, estivo a preparar un novo espectáculo que leva o suxerente título de Cabaré Tango. Díxome que ten unhas parellas de baile "espectaculares" e que o vai estrear en Xullo. Irei a vela e animo a quen ledes este Blogue a que non volo perdades porque Lorena é unha magnífica profesional que coida con moito detalle os seus espectáculos.
Velaí datas e lugares da estrea e o link con Lorena:
3 de xullo 21 hs. Auditorio Centro Social Caixanova Pontevedra
4 de xullo 22,30 hs. Teatro Centro Cultural Caixanova Vigo http://LorenaLoresCabareTango.iespana.es


Chúzao
del.icio.us
Ola María Xosé!!
acabo de atoparte na rede! andaba un pouco despistada, xa ves... :)
Qué boa pinta o Cabaret! recomendámolo dende agora mesmo en HELLOgalicia, linkando tamén á túa recomendación. Por se queres velo, está neste link: http://hellogalicia.wordpress.com/2009/07/02/cabaretango
Un bico!!!
Silvia