Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis


Ata sempre, Río da Prata

Chegoume o momento de marchar da Galicia Austral, das terras do río da Prata, Arxentina e Uruguai, para retornar a Galicia Europea. Transcribo, deseguido, o comentario que publiquei na memoria do primeiro ano de funcionamento da Delegación da Xunta en Buenos Aires a xeito de despedida:

 

x-mx1.jpg

Cando o Presidente, Emilio Pérez Touriño, marcou o obxectivo de abrir a primeira Delegación Oficial da Xunta no exterior, na cidade de Buenos Aires, cun ámbito de actuación que comprendía a Arxentina e Uruguai, estábase escribindo o primeiro capítulo dunha nova etapa na dimensión e no papel de Galicia no mundo.

Durante máis de dous séculos, as mulleres e os homes que emigraron ou tiveron que tomar o camiño do exilio, formaron un exército de paz que foi levando forza de traballo, talento, creatividade, cultura… a todos os países que nos acolleron e nos que sementamos unha colleita de afecto e de novos fillos e netos que hoxe volven, como nunca, a súa mirada para a terra nai.

Pasou moito tempo e agora as galegas e os galegos que se moven polo mundo teñen outras razóns para facelo, teñen máis facilidades para manter o contacto coas súas familias e os seus lugares queridos, e, sobre todo, teñen moito máis fácil o retorno.

Por iso era tan importante recompoñer a Historia de tantas familias crebadas, de tantos amores que a distancia impediu, de tantas bágoas derramadas… porque a emigración e o exilio están tinguidos de aflición e son unha páxina dorosa na memoria individual e colectiva do noso pobo. Pero tamén porque tanto sufrimento non foi en van. O paso do tempo demostrounos que o sacrificio dos que se foron - e de quen choraron cando os viron partir - xerou unha importante inxección de axuda material para o sostemento dunha Galicia empobrecida ata case o último cuarto do Século XX.

Pero supuxo ademais o nacemento dunha forma diferente de ser e sentir a cidadanía e a identidade dos galegos desde e no exterior.

x-de-g2.jpg

Nunca tan clara se viu a realidade e a personalidade do noso pobo como na distancia que confirmaba a coincidencia de múltiples visións fragmentadas. Todas partían dunha orixe local e confluíron nunha imaxe, nunha idea, que reunía todas as condicións definitorias do país global, da Galicia plena, da patria que non se difuminou coa distancia, senón que se perfilou e se transmitiu aos seus e a quen a coñeceron a partir de aqueles.

A Galicia exterior é tan grande como nunca puidemos imaxinar. Alá onde chegou un dos seus fillos, plantouse unha semente que hoxe nos fai cidadáns doutros países, sen deixar de ser galegos. a Arxentina e Uruguai son dous exemplos paradigmáticos desta verdade histórica de gran interese humano e social. Nestas latitudes do Hemisferio Sur, a colectividade galega deixou unha gran impronta e á súa vez deixou un afecto especial por estas terras e polas súas xentes no sentimento da Galicia europea. Non hai familia galega que non teña algún parente ou amigo por aquí e iso fai moi presente á Arxentina e a Uruguai, como tamén sen dúbida a Brasil, a Cuba, a Venezuela ou a México, no imaxinario do noso pobo.

Pero xa é un camiño de ida e volta. Cada vez máis fácil de percorrer porque a comunicación é máis accesible, tanto para o contacto telefónico ou por Internet, como porque as distancias físicas se reduciron cunha maior accesibilidade dos medios de transporte, e agora é normal que uns e outros viaxen, se reencontren, se recuperen. Que os nosos anciáns poidan facer realidade o sono de décadas de volver a ver a súa terra natal, que os seus fillos e netos coñezan por si mesmos a herdanza que lles foi dada polos seus devanceiros e que poidan ir ás súas orixes para honrar a memoria dos seus e manter vivo o legado para os seus descendentes.

É a liña da vida que se reconstrúe e se rexera nesta época onde o contacto é máis posible que nunca.

 

felicitacion-desde-argentina2-300x149.gif

Por iso, e porque os galegos e as galegas que residen fóra de Galicia, teñen recoñecidos os seus dereitos e son, á súa vez, suxeitos de deberes, a Xunta quere darlles os instrumentos para que exerzan a súa cidadanía nas mellores condicións posibles.

Esa é a razón da existencia desta Delegación en Arxentina e da que se vén de crear en Uruguai: ser unha Administración á que se dirixan os cidadáns sen tutelas, barreiras ou intermediarios. Sen máis interese que o bó e lexítimo de dar as mesmas oportunidades a todos, vivan onde vivan.

Achegando a atención aos administrados e facendo un exercicio de fe democrática que nos confirma que as galegas e os galegos pasamos a fronteira do século XXI con plenitude de proxectos e de expectativas para construír unha sociedade cada vez máis xusta, máis digna, máis orgullosa de si mesma, máis solidaria e con máis peso e influencia no mundo. Pero para que isto sexa posible, necesitaremos da intervención e a participación dos galegos de aquí e de alá e da complicidade e colaboración dos seus concidadáns, institucións e representacións, de ambos lados do Atlántico.

Esta forma de ser galego e arxentino, galego e uruguaio, significa que no noso corazón hai lugar e amor suficientes para compartir unha dobre cidadanía. Para sabernos donos dunha identidade que se amplía. Para estender os límites territoriais e facer verdade a utopía dun territorio con fronteiras flexibles: unha Galicia que limita ao Norte coas Illas Británicas (mar por medio) e ao Sur co Estreito de Magallanes…

Por iso ollamos ao ceo e vemos en Galicia o punto de encontro entre as dúas constelacións que marcan o Norte e o Sur, aquí/alí, onde a Estrela Polar confúndese coa Cruz del Sur. E a seguir, poñemos o pé na terra e dedicámonos a construír – con todos os aportes, con todas as mans, con todos os acentos- unha Galicia na que caibamos todos.

O 6 de outubro cumpriuse un ano desde a apertura desta Delegación. Non fixemos máis que empezar e o camiño que resta é inmenso, tanto como o futuro do noso pobo que tamén medra, xeneroso, nesta beira do mundo. Xa que logo, é o momento de dar as grazas a todas as traballadoras e traballadores da Xunta de Galicia que botaron a andar este proxecto. Grazas, aos responsables políticos que deron a súa confianza e os medios necesarios para facelo posible. E grazas, moi especialmente, á colectividade galega que nos abriu as súas portas e nos deu a man para chegar ata aquí.

Comentarios(4) »


  1. stella maris latorre 29-04-2009 - 00:03:25 GMT -4

    Estimada María Xosé Porteiro, qué orgullosa me siento de haberla tenido entre nosotros, usted fue y será siempre la persona que puso la piedra fundamental a este hermoso proyecto, para que ningún gallego/ga quede sin poder volver a su tierra, pisar nuevamente la tierra que dejó, ya por la guerra, ya por las necesidades que en ese momento se vivía en nuestra sufrida Galicia, su don de persona de bien nos ha llegado a nuestro corazón y en él permanecerá siempre, Dios quiera sigan otras personas el camino que usted les deja marcado, porque para el gallego/ga que está fuera de su tierra, tener un apoyo como el que usted nos brindó es poder decir: "no era una utopía pensar en el retorno". Mil gracias por esas hermosas palabras, llenas de nobles pensamientos, le deseamos que en la tarea que le toque desempeñarse de ahora en más tenga usted mucha suerte y sepa que desde aquí la estamos apoyando. un abrazo, gracias por todo su apoyo: Stella Maris Latorre y todo el Staff del Centro Cultural Rosalía de Castro roac 2045 de la ciudad de Bs.As.

  2. Cristina Rivas 29-04-2009 - 03:45:55 GMT -4

    Se que has hecho un buen trabajo y que has dejado una huella imborrable, como lo haces en todos los lugares y en todas las personas que tenemos el placer de haberte conocido, pero egoistamente me alegro de volver a tenerte cerca. Bienvenida a casa.

  3. María Xosé 01-05-2009 - 15:20:19 GMT -4

    Hola, Cris, ¿no estarás por casualidad en estos días de cumple?. De ser así, MUCHAS FELICIDADES, y ya que volvemos a estar cerca me debes un café con tarta de Santiago... o de Mondoñedo. A elegir.

  4. María Xosé 01-05-2009 - 15:22:20 GMT -4

    Hola, Stella, siempre son tan cariñosos tus comentarios que no me canso de agradecértelos. Creo que haces una labor muy destacada a favor de la cultura y de Galicia. Sabes que tenemos ese terreno en común donde siempre nos vamos a encontrar. Ánimo para seguir adelante. Un beso.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>


CV de MXP: Actualmente dirige el Museo del Ferrocarril de la Fundación de los Ferrocarriles Españoles, en Madrid. En 2009 le fue concedida la Cruz al Mérito Civil por el Consejo de Ministros del gobierno de España, a propuesta del Ministerio de Asuntos Exteriores. Su actividad ha estado centrada en la comunicación y en la política. EXPERIENCIA PROFESIONAL Medios de Comunicación: De 1972 a 1984 trabajó de manera constante en varios medios, como los diarios El Pueblo Gallego (de 1975 a 1977), El País (corresponsal para Pontevedra entre 1981 y 1984), o La Voz de Galicia (entre 1981 y 1984). En revistas como Interviú, La Calle o Tiempo (corresponsal de esta última para Galicia entre 1982 y 1984). En radio trabajó en Radio Cadena Española en Vigo y Radio Juventud de A Coruña de 1972 a 1980. En Radio Popular de Vigo trabajó como redactora de 1981 a 1984 (creó y dirigió durante tres años, el programa A BISBARRA, el primer informativo comarcal diario en lengua gallega). Como comentarista ha colaborado frecuentemente con varios medios radiofónicos españoles como la Cadena Ser, la Radio Autonómica Gallega, Radio Líder y articulista de prensa con columna propia en La Voz de Galicia y Xornal Diario. Comunicación Institucional y Corporativa: Entre 1982 y 1983 fue miembro del primer Consejo Asesor de RTVE en Galicia en representación del grupo mixto EG-PCG (Esquerda Galega - Partido Comunista de Galicia). En noviembre de 1984 comenzó a trabajar como jefa de Relaciones Públicas y Prensa en el Ayuntamiento de Vigo, donde creó el primer gabinete de comunicación y el primer periódico mensual de información municipal (Boletín de Información Municipal: BIM). Entre otras funciones en el Ayuntamiento de Vigo se ocupó de las Relaciones Internacionales, además del departamento de comunicación de la Gerencia de Urbanismo, fue la representante del Ayuntamiento de Vigo ante la Conferencia de Ciudades del Arco Atlántico, con sede en Rennes (Francia) y coordinadora de la Comisión de Ciudades Portuarias de dicha conferencia. Desde abril de 2000 a mayo de 2003 fue coordinadora Técnica de Turismo del Comité Ejecutivo del Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (entidad euro-regional que agrupa a 18 ayuntamientos de Galicia y norte de Portugal). Empresas de Comunicación: Fue directora de Comunicación del Consorcio “Compostela 93” y directora gerente de la empresa municipal compostelana “Información y Comunicación Local, SA” desde la que fue responsable de la promoción de la ciudad durante las celebraciones del Xacobeo 99 y “Santiago de Compostela, Ciudad Europea de la Cultura del año 2000” Otras actuaciones profesionales: Fundadora y miembro de MUGACOM, asociación profesional de “Mulleres Galegas traballadoras dos medios de comunicación” en 1994. Desde 1993 es miembro de AMECO “Asociación de mujeres españolas de la comunicación” que se integra en el Lobby Europeo de Mujeres. Miembro del Colegio Oficial de Periodistas de Galicia. Creadora y monitora del curso “Claves para mejorar la comunicación oral. 1er y 2do nivel”. Responsable de comunicación de numerosas campañas electorales del PSdeG-PSOE. La última en las municipales de 2003 en la campaña para el ayuntamiento de Vigo. Desde junio de 1999 es miembro de la Comisión de Comunicación del Consello da Cultura Galega como especialista en comunicación corporativa. Profesora en Cursos y conferenciante: Curso de Posgrado de Turismo en la Facultad de Económicas de la Universidad de Santiago de Compostela. Cursos de 1999 y 2000. Conferencias para alumnos de la licenciatura de Relaciones Públicas y Publicidad de la Facultad de Ciencias Sociales de Pontevedra (Universidad de Vigo) sobre comunicación institucional. Pontevedra. 2000. Curso de Verano de la Universidad de Vigo sobre “Estrategias turísticas urbanas: patrimonio y economía”. Pontevedra. 2001. Curso de Otoño de la Universidad de Cádiz sobre “Ciudades españolas sedes de eventos internacionales”. Jerez. 2001. Curso de la Universidad Fernando Pessoa durante la “VII Semana Internacional de la Publicidad”. Oporto. 2001. Ciclo sobre Turismo y Relaciones Públicas organizado por la Cámara de Comercio de Pontevedra y la Universidad de Vigo en Ferpalia en la edición de septiembre de 2001. Curso sobre Protocolo organizado por la fundación Alfredo Brañas y la Universidad de Vigo (Facultad de Ciencias Sociales) en el Monasterio de Poio en julio de 2002. Curso “Claves para mejorar la comunicación oral”: 30 cursos desde 2001 a 2005. Feminismo: Dirigió la primera concejalía de género de Galicia, en Vigo, que fue también una de las primeras de España, en 1987. Desde el Ayuntamiento de Vigo creó la primera casa de acogida de mujeres maltratadas y el primer centro de información de los derechos de las mujeres que se abrieron en Galicia, en 1988. Conferenciante y articulista asidua desde los anos 80 sobre diversas temáticas referidas a las mujeres y a su situación laboral, social, legal, violencia de género, política, etc, en numerosos foros de toda Galicia. Promovió la creación de la primera comisión parlamentaria sobre los derechos de las mujeres en el Parlamento de Galicia en 1992. Conferenciante en numerosos eventos sobre la IV Cumbre Mundial de la Mujer, organizado por la ONU en Beijing en 1995, donde participó en su Foro Social. Ha trabajado intensamente en la denuncia de la trata y tráfico de mujeres para su explotación sexual, tema sobre el que versa su novela “Cobardes”, inspirada en hechos reales investigados por la autora. Publicaciones: Es autora de varias publicaciones que abarcan ensayo, biografía y narrativa. Quén é quén no primeiro Parlamento galego (con X.A.Perozo). Edicións Xerais de Galicia. Edición en gallego. Vigo. 1981. Ensayo. Celso Emilio Ferreiro, compañero del viento y las estrellas (con X.A.Perozo). Edición bilingüe. Editorial Akal. Madrid. 1981. Biografía. Informe de la comunicación en Galicia (VVAA). Ed. Consello da Cultura Galega. Edición en gallego. Santiago. 2000. Ensayo. Comunicación Política en Galicia (VVAA). Edición en gallego. Ed. Consello da Cultura Galega. Santiago. 2001. Cobardes. Editorial Ir Indo. Vigo. 1ª Edición en gallego 2001. 2ª Edición en gallego 2002. 1ª Edición en castellano 2003. Narrativa. Estrategias turísticas urbanas (VVAA). Ed. Cámara de Comercio de Pontevedra e Universidade de Vigo. Pontevedra 2002. Ensayo. Literatura de mujeres. Once ensayos alrededor de Virginia Woolf (VVAA). Ed. Sotelo Blanco. Edición en gallego. Santiago de Compostela. 2003. Ensayo. Narradio, 56 historias no ar (VVAA). Libro e CD. Edicións Xerais de Galicia. Edición en gallego. Vigo. 2003. Narrativa Mulleres galegas (VVAA). Editorial Galicia Sempre. Santiago de Compostela. 2005. Ensayo. ACTIVIDAD POLÍTICA Milita en el PSdeG-PSOE desde 1987. Ámbito orgánico: Coordinadora del Programa 2000 en Galicia. Miembro de la Comisión Ejecutiva Nacional Gallega del PSdeG-PSOE entre 1991 y 1994 como responsable de la Secretaría de Relaciones Ciudadanas. Colaboradora de la Secretaría de Relaciones Internacionales de la Comisión Ejecutiva Federal del PSOE, donde fue una de las coordinadoras del programa electoral en 2008. Participa regularmente en reuniones de la Internacional Socialista en representación del PSOE. Política Municipal: Vigo, 1987/1991: 1ª teniente de Alcalde y portavoz del gobierno municipal. Concejala de Cultura y de Mujer. Madrid. 1988/1991: Fundadora de la primera Comisión de la Mujer de la Federación de Municipios y Provincias. Vigo, 2003/2006: Teniente de Alcalde, portavoz del grupo municipal socialista y concejala de Medio Ambiente, Turismo, Comercio, Deportes y Mujer. Política Autonómica: Galicia, 1989/93 y 1993/97: Parlamentaria Autonómica elegida por Pontevedra. Fue portavoz adjunta y Secretaria General Técnica del Grupo Parlamentario Socialista. Fue portavoz de las áreas de industria, turismo, emigración, comercio, lengua, cultura y mujer. Fue cofundadora de la primera comisión parlamentaria para la defensa de los derechos de las mujeres. Participó en la V Conferencia Mundial de la Mujer organizada en Pekín por la ONU en 1995. Política estatal: Madrid, 2004/2007: Diputada por Pontevedra en el Congreso de los Diputados en 2004, donde trabajó en las comisiones de control de RTVE, Industria, Pesca, Infraestructuras y Asuntos Exteriores. En esta última ocupó los cargos de Secretaria primera de la Comisión y portavoz adjunta del grupo socialista en política exterior. Fue ponente de la Ley del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior. Política internacional: Representó al Parlamento Español en la Comisión Política de la Unión Europea Occidental (UEO) y en la Asamblea Parlamentaria del Consejo de Europa (CE), donde actuó como portavoz del grupo socialista en materia de Migraciones y de Igualdad. Observadora electoral acreditada por la Escuela Diplomática del Ministerio de Asuntos Exteriores, encabezó varias misiones en Líbano y Venezuela, y participó como representante del Consejo de Europa en Bosnia-Herzegovina. Fue la primera Delegada en el exterior de la Xunta de Galicia, creando las Delegaciones de Buenos Aires y Montevideo, desde 2007 a 2009.