Conflicto lingüístico en Galicia e eleccións en Portugal
cruzdelsur — 14-09-2009 GTM -4 @ 17:54 Tags: Galicia BilingüeLogo dalgún tempo desaparecida volvo ao meu blog para pasarvos os últimos artigos que publiquei no Xornal de Galicia.
XORNAL DE GALICIA. QUINTO ELEMENTO. 12/09/09.
Lingua Menor
Coa presencia de expertas e expertos internacionais como coartada, Galicia Bilingüe ven de conseguer unha sentencia condenatoria para o galego como lingua menor. As Primeras Jornadas Bilingües, financiadas e patrocinadas por unha Deputación Provincial gobernada polo PP e pagadas con cartos de tódolos pontevedreses, transcorreron ao abeiro e coa compracencia de Rafael Louzán seguindo as consignas emanadas desde a madrileña rúa Génova. Non en ván se trata do facho que alumea e inspira a nova xeira encetada por Núñez Feijóo. En fin… postos a procurar exemplos podemos suxerirlles que nas Segundas conviden a expertos pagados polo governo eslovaco para que os instrúan sobre cómo están a combatir o uso do húngaro no Sur do país, nunha rexión europea que vive desde hai máis de un milenio sucesivas desputas polo baile de fronteiras. O certo é que a cultura húngara, influenciada pola turca, a xemana ou a latina, foi quen de manter vixente un idioma que se conserva practicamente invariable desde hai milleiros de anos e que falan tamén os húngaros que quedaron fóra dos territorios históricos tras dos repartos feitos logo das Grandes Guerras do século pasado. Só na actual Eslovaquia viven máis de medio millón de húngaros que representan o dez por cento da poboación total da República. Ámbolos Estados, Eslovaquia e Hungría, entraron na UE hai cinco anos e teñen un bó ritmo de crecemento económico e unha certa estabilidade política, máis non son quen de resolver a súa xenreira secular.
Ler máis »


