Me voy p'al pueblo...

Con Venancio Otero, presidente del Club Tinetense, de Buenos Aires, y otros miembros de la Directiva en Noviembre de 2007

Con Venancio Otero, presidente del Club Tinetense, de Buenos Aires, y otros miembros de la Directiva en Noviembre de 2007
Dentro de pouco voltarei a Galicia porque remata a miña etapa a fronte da Delegación da Xunta de Galicia en Bós Aires. Foi a primeira creada no exterior e tivo, ata agora, como ámbito de competencia Arxentina e Uruguai.
Síntome moi orgullosa por ter sido a primeira representante oficial do goberno galego nestes fermosos países dos que me levo unha grande aprendizaxe de vida e de coñecementos.
Comigo veñen tamén as amigas e amigos que fixen aquí, nesta terra de múltiples sementes frolecidas, onde a identidade plural e a multiculturalidade son o pan de cada día. Onde Galicia se percibe e se sinte na súa plenitude sen que a distancia física supoña unha eiva, porque a cercanía psicolóxica e emocional é o que manda.
Hoxe recibín dous correos marabillosos. Un que recolle o artigo que publica Manolo Rivas en El País explicando todo isto coa sabidoría do escritor e do ser humano que vive de perto a realidade desta Galicia extracorpórea. Envióumo Adela Fernández Cruz, psicóloga social, ourensana-arxentina que me perseguiu incansable cando cheguei para participar nuha actividade organizada pola Universidade de Boloña sobre o papel das mulleres na conformación do Mercosur.
Outro é un fermoso poema cantado e instrumentalizado por persoas de diferentes partes do mundo que interpretan ao unísono unha mesma canción, separadas por milleiros de kilómetros, pero facendo unha soa voz. Guillermo Hernández Cerviño, vigués, Conselleiro Laboral da Embaixada de España desde o pasado mes de xullo, foi que me achegou esta fermosísima versión coral de Stand by me. El é un dos cada vez máis numerosos expatriados que saen de Galicia, e España, a traballar no exterior, neste novo xeito de emigrar que nos trae o século XXI.
Por último, ilustro este post, cunha fotografía feita en Córdoba con Marité Puga, redondelana afincada en Arxentina desde que tiña catro anos, ex-deputada, activista a prol das mulleres e coordenadora do programa SOS-Mujer contra a violencia de Xénero que celebrou onte o seu recoñecemento como diplomatura universitaria.
Proposición para refundar Galicia enteira
MANUEL RIVAS - EL PAÍS - 06/03/2009
Os xornais de onte informaron que Xosé Manuel Beiras volveu como un D. Sebastião do nacionalismo e que propuxo a refundación do BNG. E digo eu: non poderíamos aproveitar para refundar un pouco todo? Na dereita hai quen fala de rexeneración. Na esquerda, tamén se anda á procura da renovación. O mesmo Papa fala de refundar a Igrexa de Cristo. E a economía, a cultura, o xornalismo... Por que non refundar Galicia enteira?Como é ben sabido, Galicia foi fundada en América.Estaría ben refundar Galicia na propia Galicia. Mais coido que o que imos ter unha longa tempada vai ser unha vella política presentada como nova.
A técnica que se utilizou na máis baleira campaña electoral da historia recente foi a chamada propaganda gris. E da propaganda gris o natural é que derive unha política gris que tinxa Galicia de gris. Agora que se foron os neocon en Estados Unidos, atopámonos de súpeto nunha nave espacial chamada NeoGalicia. Xa o dixo Díaz Castro en Penélope, un dos nosos poemas bíblicos: "Un paso adiante e outro atrás, Galicia, / e a tea dos teus soños non se move".A verdade é que Galicia, a Galicia moderna, naceu en América. Foi soñada en América. Mesmo na súa principal simboloxía: o Himno, a bandeira e a Academia Galega da Lingua.
E en América sobreviviu Galicia en longas xeiras da historia contemporánea, as moitas veces que o país estivo entangarañado polas pestes, fosen a da pataca ou a do escurantismo absolutista, tivera este a face monárquica do Rei Felón (Fernando VII) ou directamente a dun ditador matachín, Franco.En América sobreviviu a xente, atopou pan e traballo. Alí re-existiu a cultura galega. Nas artes, na literatura, no xornalismo, no deseño gráfico. Mesmo A Rianxeira foi composta e gravada en América! Alí tivo continuidade a propia concepción de Galicia como espazo democrático, como pobo con dereito a gobernarse de xeito autónomo.
O primeiro Estatuto de Galicia, 1936, foi abortado en España pola dereita autoritaria, mais a lexitimidade autonómica foi custodiada en América polo Consello de Galiza, que tivo no deputado republicano Antón Alonso Ríos o seu derradeiro presidente. A vida de Antón Alonso é unha crúa metáfora da galaica historia. Salvouse da cacería humana disfrazado de mendigo. Con longas barbas, de branco brión, na vida fuxido na fronteira, perseguido por gardas e gardiñas, protexeuno moito a natureza, o exército do bosque. Até que, vía Lisboa, acadou a salvación en América.
En América, como dixemos, Alonso Ríos foi un custodio da lexitimidade democrática e autonómica. Mais cando saímos da ditadura, cando o catalán Tarradellas e o vasco Leizaola retornaron do exilio co trato de presidentes, case ninguén sabía daquel vello mohicano. Esquecido, enfermo, pobre, aquel ancián deixouse morrer atropelado nun camiño de ferro.Non se pode entender Galicia sen América. Non se pode entender Galicia sen a emigración, para a que se inventou o eufemismo de "residentes ausentes". Non se pode entender nin por cultura nin por economía.
Os principais bancos e xornais de prensa (tanto Faro de Vigo como La Voz de Galicia) fornecéronse uns coas remesas dos emigrantes e outros cos grandes anuncios diarios das consignatarias transatlánticas. Como foron os emigrantes os que crearon o primeiro sistema escolar merecedor de tal nome, con máis de 300 centros de ensino. Os máis modélicos, os que seguían a semente racionalista de Ferrer i Guardia, serían tamén demonizados polo conservadorismo túzaro e feitos desaparecer. Si, Galicia foi fundada en América. E sostida pola diáspora de centos de miles de mozos que ateigaron os trens de Europa nas décadas dos anos sesenta e setenta do século XX.

No medio de tantas noticias negativas e da CRISE que nos invade, recoméndoche ver este video de xente bailando en todo o mundo. É refrescante e nos lembra que a maioría das cousas fermosas e gratas da vida están dentro de nós mesmos.
Envióumo a miña filla Llerena, de quen publico a súa foto, que está tan lonxe (12.000 Km) e a quen tanto boto de menos. Gracias linda.
http://antwrp.gsfc.nasa.gov/apod/ap080722.html/
Ramona García tamén foi onte a protagonista dunha fazaña vital: cumpriu 91 anos con ese sorriso que vedes na fotografía. Estivo moi contenta porque tiña arredor de si as persoas que ela máis quere. Regaláronlle unhas flores preciosas e xantaron todos xuntos. Qué mellor celebración para unha muller discreta que advertiu a todo o mundo de que "nada de festas, eh!". En fin, todo un carácter: intelixente, divertida e algo mandona.
Ela tamén está coroando a súa propia cimeira. Así que igual que lle dicíamos a Chus Lago pola súa fazaña, dicímoslle a Ramona, ¡Felicidades, mamá, e que cumpras moitos mais!

Hoxe as nenas e nenos xogaron cos regalos dos Reis. Eu tamén tiven motivo para a ledicia vendo a Tania recolleitar os presentes por tódalas casas onde os meigos fixeron parada pensando nela.
Se xogar é un entrenamento para a vida, mellor que dure moito.

Se llamaba María Rodríguez. Nació en la Vega de Muñalén (Navelgas-Tineo), Asturias, a finales del XIX. Tuvo cuatro hijos y un marido que iba y venía a Cuba hasta que regresó definitivamente -para morirse de pena poco después- tras la depresión de Wall Street en la que se arruinaron tantos emigrantes con pequeños y grandes negocios. Ella nunca salió fuera de la aldea porque no quiso abandonar la casa familiar, pero todos sus hijos emigraron también, entre ellos, la más pequeña, mi madre.
Vivir en Bós Aires para min é como estar nunha versión renovada e cosmopolita de Galicia. Alí me atopo con galegos que o son aínda máis ca se vivisen no lugar onde naceron os seus pais e avós, e con xente de outras orixes, sobre todo italianos, cos que temos unha historia común que nos irmana.
Vou compartir con vós dous regalos que recibín hoxe (son estas cousas do Nadal, supoño). Un é dun galego-galego, Carlos Brandeiro, profesor no Colexio Santiago Apóstolo de Buenos Aires. Outro día vos falarei deste magnífico centro, pero agora quixera mostrarvos a súa felicitación de Nadal:
No puedo darte soluciones para todos tus problemas en la vida,
no tengo respuesta para tus dudas o temores.
Pero puedo escucharte y compartirlos contigo.
No puedo evitar que tropieces.
Solamente puedo ofrecerte mi mano para que te sujetes y no caigas. Tus alegrías, tus triunfos y tus éxitos no son míos.
Pero disfruto sinceramente cuando te veo feliz.

Caserío de Candedo, na Serra de Meira. Autores: Belén Porteiro e Alberto Alonso.
Son as últimas montañas antes da Terra Chá e foron recreadas por Alvaro Cunqueiro que situou en Britonia os predios do meigo Merlín. Outro grande escritor daquelas terras foi Manuel María como nos recorda a escritora arxentina Stella Maris Latorre nun comentario publicado neste blog.
Al Extremo é o nome do V Festival de curtametraxes que comeza hoxe en Río Gallegos, Santa Cruz.
Nesta ocasión dáse a circunstancia de que unha curtametraxe galega, titulada Auga, compite este ano. Esta película está a rematar a súa xeira por festivais, que a levou a percorrer toda España e a viaxar a lugares como San Francisco, Xapón, Franza ou Suiza.
É a segunda ocasión na que se proxecta en terras arxentinas, xa que no pasado mes de outubro participou no Festival de Cine & Video Latinoamericano de Buenos Aires, dentro do Ciclo de Cine Fantástico e ten para min o valor engadido de que o seu autor é OZO, un dos novos realizadores do cine galego que por certo é o meu fillo máis pequeno (perdón polo autobombo pero a familia é a familia...)..
Se non estades cerca de Río Gallegos, podedes vela en YouTube ou aqui: