Clara Campoamor, defensora do dereito ao sufraxio para as mulleres españolas en 1931
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo ofi.muller@vigo.org que leva a concelleira do BNG, Iolanda Veloso, ven de organizar un Pleno específico do Consello Municipal da Muller para conmemorar o próximo 8 de marzo http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=13249
Será as 11 h. no Salón de Plenos do Concello, nan 1ª planta. Nel intervirán varios colectivos de mulleres de Vigo: Rede de Mulleres Veciñais, Dorna, Mulheres Nacionalistas Galegas, Feministas Independentes Galegas, Mulleres Progresistas, Colectivo Violeta e as secretarías da muller de UGT, CIG e CCOO. Asistirán ao plenario todas as entidades que constitúen o Consello Municipal da Muller.
O Pleno convócase para tratar a Traxectoria das asociacións e colectivos do Consello Municipal da Muller desde a súa creación a finais dos anos 80.
Vigo foi a primeira cidade galega que tivo unha Concellería adicada ás cuestións de xénero. Foi creada en 1987 e daquela chamouse Concellería da Muller. Eu, como concelleira do goberno socialista da época, fun a súa creadora e síntome moi honrada de poder contalo, pero sobre todo, de recoñecer a tódolos partidos políticos que gobernaron Vigo despóis que respetaran e alentaran esta decisión.
Naqueles catro anos de goberno tiven o apoio do meu partido, do goberno municipal e mesmo do resto da Corporación que non foi belixerante contra as nosas iniciativas neste terreo, pero agradezo moi especialmente o esforzo das funcionarias e funcionarios cos que puiden levar adiante un labor novo e non sempre ben comprendido. Gardo un grato recordo da complicidade e axuda que recibín de María José Thomas, Gloria, Mapi e Xulia Mariño, funcionarias; Choni Miura, experta en Malos Tratos da Comunidade de Madrid; do Alcalde Manolo Soto e os concelleiros Carlos Príncipe, Alvaro G. Magariños e María Arán; dos colectivos de mulleres e secretarías dos sindicatos (Merche, Ana, Elena, Carmen, Mariló, Belén…); das compañeiras xornalistas dos medios de comunicación (Rosa, Begonha, Amanda, Avelina, Marisa, Sefi, Julia, Ana…) que funcionaron como un auténtico lobby a prol das mulleres; do goberno tripartito na Xunta que presidía Fernando González Laxe e en particular de Rosa Miguélez que coordenaba a Comisión para os asuntos das Mulleres, precursora do que logo sería o Servizo Galego de Igualdade, e, en fin, de tantas outras persoas que me resulta imposible citar pero que creron naquel proxecto nos primeiros e máis difíciles momentos.
No período comprendido entre 1987 e 1991 fixemos moitas cousas que sementaron o futuro:
- Creouse o primeiro Consello Municipal da Muller integrado por colectivos e asociacións representativas da preocupación pola situación das mulleres
- Creáronse as vocalías de Muller nas Asociacións Veciñais
- Púxeronse en marcha coa colaboración de Alecrín, o primeiro Centro de Información Municipal dos dereitos das Mulleres, e máis a primeira Casa de Acollida para Mulleres Maltratadas de Galicia que foi tamén unha das primeiras de España,
- Patrocinouse a edición e distribución da revista de pensamento feminista “A festa da palabra silenciada” que dirixe María Xosé Queizán,
- Organizóuse unha exposición de mulleres galegas artistas plásticas comisariada por Cuqui Piñeiro,
- Fixéronse cursos de alfabetización para mulleres maiores e impulsáronse os programas de Kanguros, coas Mulleres Progresistas
- Fíxose un programa de oportunidades de emprego para mulleres novas coa Asociación de Mujeres Jóvenes
- Elaborouse o primeiro estudo sociolóxico sobre a situación das mulleres en Vigo
- Puxéronse as bases para o Primeiro Plano de Igualdade que se aprobaría pola corporación seguinte.
- A Concellería da Mller de Vigo formou parte moi activa na primeira Comisión da Muller constituída no seo da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) desde a que se elaboraron os primeiros materiais para cursos, xornadas e publicacións especializadas para a política municipal no eido do xénero. Coa FEMP organizaronse en Vigo unhas Xornadas Nacionales sobre Muller e Eudación.
- O goberno municipal tomou a decisión de personarse como acusación en tódalas causas de denuncias por malos tratos a petición das víctimas.
Logo chegarían outras concelleiras que fixeron un excelente labor e convertiron a Vigo nun referente nas políticas municipais de igualdade:
Ana, Maite, Belén, Lucía e Iolanda.
Grazas a todas elas. De corazón.
http://socialismointernacional.org/category/articulos-para-la-liberacion-de-la-mujer